viernes, 20 de diciembre de 2013

EME2


Meu Ben, 

a nova produción de Eme2


Esta produción de Eme2 comeza a súa andaina no 2014. Un espectáculo que retrata a vida de tres mulleres dunha mesma familia, tres mulleres de clase media que viven un ano completamente extaordinario.
Amor, sexo, vida, morte e clases de salsa. Tres xeracións de mulleres. Un ano extraordinario.

Amber vive sen preocupacións, acabada de saír do instituto, está no mellor da vida, mocea cun tal Paul e anda de festa rachada.... ata que sofre unha molesta “indixestión”. A súa nai Lorraine ataca un cliente no traballo polo que ten que visitar un “médico da cabeza”que lle receita facer algo bo para ela mesma unha vez por semana: é hora de se apuntar a clases de salsa! A avoa Kay, pola súa banda, tenta sentirse viva nos frustrantes sesenta mentres coida do seu marido enfermo.

Tres xeracións de mulleres de clase media contan a historia dun ano extraordinario.
Estreada en 2008 pola compañía Guna Nua rapidamente se converteu nun éxito. En 2009 foi galardoada co prestixioso premio Carol Tambor do Festival de Edimburgo sendo a primeira produción irlandesa en levar esta distinción. Desde aquela leva cativando ao público arredor do mundo con producións nas Illas Británicas, en Australia e en Nova York. Agora chega ao estado español da man de Eme2.

Máis info:

http://emedous.com


Contacto:

eme2 , produción e distribución S.L 
Antonio Gómez Vilasó, local 3 15702 • 
Santiago de Compostela 
Telf.: 981 534 134 • Fax: 981 534 285 
emedous@emedous.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario