jueves, 19 de diciembre de 2013

TROMPICALLO

Trompicallo presenta “Osiño”   

  “Osiño” é un espectáculo de monicreques  dacompañía Trompicallo dirixido a público familiar cunha duración de 50 minutos.

 A obra foi escrita por Luís González, Sabela Amado, Marián González e Kevin Stewart contando con música de Ignacio Sanz.

A dirección corresponde a Kewin Stewart e os manipuladores dos monicreques son Sabela Amado, Marián González e Luís González.

 “Osiño” achéganos ata a historia dun pequeno oso que vive na fraga coa súa nai. O paso das estacións vai transformando o seu entorno dende o frío inverno no que Osiño aprende coma non pasar frío, a primavera onde o seu avó lle conta o seu conto favorito, o verán con longos paseos nocturnos e o outono co cumpreanos do protagonista.  



 Presentación do espectáculo "Osiño" de Trompicallo.

https://www.youtube.com/watch?v=rI0Du3K66SM



MAIS INFO EN:  

http://www.trompicallo.com/g/inicio.htm 


CONTACTO:
info@trompicallo.com 
marian@trompicallo.com