viernes, 13 de febrero de 2015

O CREDITO

SINOPSE:

No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe... Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso como unha ovella.

Quizais hoxe mirarás ao director da oficina aos ollos, poñeraslle as cartas sobre a mesa e diraslle que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprender medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada violento, vállame Deus, iso non, pero hoxe, se o señor director non che solta a pita, iniciarás unha acción definitiva que converterá a súa vida nunha catástrofe.

O crédito leva doce meses continuados en cartel en Barcelona e Madrid, recibindo unhas fantásticas críticas e un cheo total nas súas funcións. A COPRODUCIÓN Co obxectivo de levar os espectáculos máis recoñecidos e demandados polo público a todas as linguas do estado, e a todos os sistemas teatrais periféricos, Eme2 e Tanttaka levan traballando anos. A súa primeira proposta, para público infantil, foi Kafka e a boneca viaxeira, espectáculo co que se realizaron versións en galego, catalán, éuscaro e castelán. O crédito parte da mesma idea, poder consumir cultura de actualidade nas nosas linguas, cos nosos referentes actorais e coa adaptación á nosa realidade.


AXENDA 2015




Comunicación:
Sonia Díaz
comunicacion@emedous.com
+34 679 96 56 92

ocredito.gal
facebook.com/emedous #ocrédito
twitter.com/emedous #ocredito

Distribución:
Julio Perugorria
julio@jpproducciones.com
609 45 75 75

viernes, 21 de noviembre de 2014

TEATRO DO MORCEGO

presenta:

DIÁLOGO DO CAN CO SEU AMO
SOBRE A NECESIDADE DE MORDERLLE AOS AMIGOS


De Jean Marie Piemme.




Con CELSO PARADA e MUNDO VILLALUSTRE

Tradución: Tera de Saracho.
Versión galega: Celso Parada.
Iluminación: David Deive.
Son: Pablo Costas.
Vestiario: Isabel Ávila.
Escenografía: Teatro do Morcego.
Fotografía: Andrés Otero.
Dirección: Celso Parada.


Sinopse: Un porteiro dun hotel de luxo, que vive na precariedade da rúa, nunha caravana, atópase cun can que lle gusta interromper o tránsito, para provocar accidentes. Estes dous inadaptados, un xeneroso e o outro cínico, van iniciar un diálogo sobre o estado do mundo para finalmente decubrir a tenrura voz dunha nena. Como dous clowns que denuncian a hipocrisía dunha sociedade, que se indignan con irreverencia contra o mundo no que vivimos. Unha sátira contra a estupidez e o egoísmo.


CONTACTO : 696 416 401

domingo, 16 de noviembre de 2014

PINGA TEATRO EGO


 FICHA ARTÍSTICA/TÉCNICA:

INTERPRETACIÓN: FRAN PAREDES
ESPAZO ESCÉNICO: PINGA TEATRO
VESTIARIO: PINGA TEATRO
ILUMINACIÓN: MIQUEL CONDAL
VÍDEO: AARON RODA, CARLA PINEIRO
DESEÑO GRÁFICO: DANIEL GONZALEZ
SON: MARÍA CARRERA
TEXTO E DIRECIÓN: MIQUEL CONDAL

Sinopse:
Un pintor pechado no seu estudo, fai repaso da súa vida, aliándose cunha cámara de video, para dar fe a si mesmo, e gravar unha e outra vez a verdade de todos os aspectos da súa vida, sacando o eu máis egoísta, ás veces perverso, ás veces infantil e manipulador 'ou/e contraditorio do seu ser.

CONTACTO:
pingateatro@gmail.com

OUTRAS MONTAXES :


"Casting tour"(Montaxe para público familiar))
"O bufón do reino"(Montaxe para público infantil e familiar)
" O recuncho dos contos"( Contacontos para Público infantil e familiar)
" O rei dos mares"(Montaxe para público infantil e familiar)
"Unha rosa no xardín(Teatro negro para público infantil)
" Croac!"( Montaxe para público infantil e familiar)

FANTOCHES BAJ PEDRO E O LOBO

 

Neste novo espectáculo para público familiar recontans o conto tradicional "Pedro e o lobo".

Nesta ocasión a música de Prokofiev, con arranxos de Benxa Otero, será interpretada pola Banda DeMúsica DePontevedra.

Podedes ver os inicios da montaxe no seguinte vídeo:



Sinopse:

Pedro e Mariola son un matrimonio de fillos e netos de traballadores do ferrocarril, donos dun parque temático onde se recrea en miniatura un circuíto dun antigo tren a vapor. A partir dalgúns dos elementos escenográficos do seu parque, cóntanlle á xente como se coñeceron na estación abandonada de Montefurado nun día en que toda a aldea andaba á procura dun lobo, como Pedro o cazou e como finalmente Mariola convence a Pedro para que o perdoe e o deixe retornar ao seu ámbito natural, o bosque.

Dirección e adaptación do texto: Inacio
Actores: Inacio, Luís Iglesias “Luchi” e Larraitz Urruzola
Construción títeres e escenografía: Inacio e Luís Iglesias "Luchi"
Deseño das marionetas e do cartel: Iván Suárez
Música: Prokofiev Arranxos musicais: Benxa Otero
Iluminación: Xacobe Castro
Vídeo: Tingalaranga
Produción: Fantoches Baj


contacto:
 infofantochesbaj@fantochesbaj.com

viernes, 7 de noviembre de 2014

GHAZAFELLOS


Un astronauta chega a un planeta descoñecido. Alí atópase cunha extraterrestre que tamén chegou de exploración. Logo do estrano encontro os dous cosmonautas comezan a convivir descubrindo sentimentos que xamais sospeitaran ter.
-Como será o seu encontro?
-Que descubrirán ?
-Será posible a amizade entre dous seres tan diferentes?
...3,2,1... É unha obra chea de humor e tenrura que nos chegará o corazón.

Teatro Ghazafelhos presenta nesta ocasión un espectáculo de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de títeres e moita música.
Obra de teatro xestual “...3,2,1...” da man da compañía Ghazafelhos do Ferrol. Pepablo Patiño é o autor e director da obra, e está tamén en escena xunto aos actores Montse Piñon e Jorge Casas. “...3,2,1...” é unha obra chea de tenrura e humor que conta o encontro entre un astronauta e unha extraterrestre nun planeta descoñecido. A convivencia lévaos a descubrir sentimentos que non sospeitaban ter. 


<a href="http://1.bp.blogspot.com/-PTU-K5nT3tU/VF0_CzkabQI/AAAAAAAAfIU/afFmEbrPZOU/s1600/ghazafellos%2B321.jpg" imageanchor="1" style="margin-left: 1em; margin-right: 1em;"><img border="0" src="http://1.bp.blogspot.com/-PTU-K5nT3tU/VF0_CzkabQI/AAAAAAAAfIU/afFmEbrPZOU/s320/ghazafellos%2B321.jpg" /></a></div>

c o n t a c t o :
Pepablo.patinho@gmail.com

Máis info: