jueves, 2 de enero de 2014

CARAMUXO TEATRO

Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familar nada na Coruña no ano 2003 dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Traballa ademais, nunha liña específica na creación de espectáculos para bebés.

 Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade có público mais novo. Dende os inicios mistura diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza.. A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consideren aspectos didácticos a nivel cultural ademais do artístico, que consigan a fidelización do público.


Espectáculos :

Zapatos
¿Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darllea a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. " Zapatos" narra tódalas historias, que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.
Duración: 30 minutos Idade recomendada:
De 1 a 4 anos.
Aforo: Limitado a 100 espectadores por pase.




Glub glub
Caramuxo Teatro presenta o primeiro espectáculo para bebés realizado en Galicia, onde se conta a historia de amizade entre un barquiño de papel afundido no mar e un peixe xogueton chamado Glub Glub, unha montaxe chea de estímulos sonoros e visuais e cunha linguaxe sinxela case xestual,que introduce os mais novos nunha aventura fantástica e sorprendente.Unha oportunidade para gozar con fillas da primeira experiencia no mundo do teatro. Para bebes de 6 meses a 3 anos
Duración :30 minutos.
Aforamento : Limitado a 100 espectadores por pase.


Na casa

Unhas poucas casas poden ser unha aldea, moitas casas poden ser unha cidade.A nosa casa naceu nunha aldea que agora é unha cidade.Aí está, arrodeada doutras.É de madeira, ten xardín e dalle moito o sol. Antes non tiñamos veciños, pero pouco a pouco foron chegando Hortensia, a florista, que ten unha casa que recende moi ben; Telmo , o veciño equilibrista; Arabela, que é cantante de ópera; O señor Antón, que é un vello mariñeiro... e a nosa amiga Rita, a gata de Marcelina, que ven de visita á hora da merenda. No verán, se vai moita calor, ou no inverno se vai moito frrio o mellor sitio onde estar é.. na Casa!
Duración : 30 minutos.
Idade recomendada: De 1 a 6 anos.
Aforo:Limitado a 100 espectadores por pase.

 Ñam!


Comer é un pracer, pero antes hai que cociñar e escoller os mellores productos, porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes e pequenas, os tomates da casa ou doutro lado do mundo. ¡ A mín encántame o salgado ! ¡Pois eu prefiro o doce! Ñam! é un espectáculo creado a partir do mundo da cociña, para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en famlia.
 Idade recomendada: De 1 a 6 anos.
Duración: 30 minutos.

Aforo: Limitado a 100 espectadores por pase.I

Mensaxe sen botella

Mensaxe sen Botella é unha fantástica historia protagonizada por Laura Sarasola e Juan Rodríguez, coa colaboración na dirección de Olga Margallo ( gañadora dun Max e varios premios Fetén) Jean Pierre é un home maniático ae perfeccionista vive só e adícase cada noite a recoller as mensaxes que chegan ó seu faiado, dentro de botellas de diferentes tamaños e cores.Dumond encárgase de entregarllas a Gastón, o seu amigo e compañeiro alado, para que este as deixe voando no peitoril da fiestra do seu destinatario.Dumond é feliz na sua rutina diaria, mais un dia chega unha botella sen mensaxe, unha mensaxe sen botella... Caramuxo Teatro presenta un espectáculo que fala das relación entre duas persoas ben distintas que terán que atopar un punto en común para entenderse. Unha proposta emotiva, visual e poética que mistura unha realizade imaxinaria nun mundo diferente.
A partir de 5 anos
Duración : 45 min. aproximadamente.

 "Historia dunha semente"
¿Como é posible que algo tan pequeno se converta nalgo tan grande? "Historia dunha semente" é a historia dunha árbore, dunha maceira que enche de vida a pradeira.Galiñas que non poñen ovos, raposos con moita fame, unha mosca snamoradiza en busca dun moscón, unha nube e un sol moi peculiares e moita diversión. Unha fábula que reflexiona sobre a natureza e os cambios que se producen nela. Espectáculo cómico de títeres de mesa e actores cheo de maxia , que introduce ós mais novos nun mundo fantástico e imaxinativo.
¡Mais de 18000 espectadores xa gozaron do espectáculo!
Duración: 45 min. aproximadamente.







"Pio"
Espectáculo que mistura o teatro actor e monicreques.Unha historia chea de humor e tenrura para a toda a familia que nos conta a historia de Pio, un pequeno paxaro que nace só na fraga sen nengún referente a seguir. O pequeno Pio coñecerá na súa aventura a unha morea de animais que viven na fraga, e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa.No final de esa fantástica travesía sentirá o impulso de volar, de sentirse libre coma un paxaro. Unha nova proposta pensada para toda a familia cunha coidada estética e uns bonecos deseñados por Oscar Villán ( Premio Nacional de ilustración coñecido por ilustrar "Ocoelliño" Branco ou "A cebra camila"
Duración : 45 min. aproximadamente

"Lazarillo"
Caramuxo Teatro plantexa unha adaptación do clásico " Lazarillo de Tormes" en clave de comedia.Unha proposta que busca galeguizar o clásico castelán a través de pequenos xestos que se reflexan na música, costumes gastronómicos ou sen sentido do humor da proposta sendo fieis ó orixinal. Unha proposta completa e orixinal , interesante dende o punto de vista educativo. Unha historia de fame e supervivencia protagonizada por Xose Manuel Esperante e Juan Rodríguez que de seguro divertirá ós mais pequenos da casa.
Duración : 50 minutos aproximadamente.






 "As Fabas Máxicas" 
Caramuxo Teatro presenta unha nova versión do clásico popular .Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques.Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York.Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras. Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mistúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil







Contacto:


     info@caramuxoteatro.net

  69521803 (Juan)   610848781 (Laura)