domingo, 16 de noviembre de 2014

FANTOCHES BAJ PEDRO E O LOBO

 

Neste novo espectáculo para público familiar recontans o conto tradicional "Pedro e o lobo".

Nesta ocasión a música de Prokofiev, con arranxos de Benxa Otero, será interpretada pola Banda DeMúsica DePontevedra.

Podedes ver os inicios da montaxe no seguinte vídeo:



Sinopse:

Pedro e Mariola son un matrimonio de fillos e netos de traballadores do ferrocarril, donos dun parque temático onde se recrea en miniatura un circuíto dun antigo tren a vapor. A partir dalgúns dos elementos escenográficos do seu parque, cóntanlle á xente como se coñeceron na estación abandonada de Montefurado nun día en que toda a aldea andaba á procura dun lobo, como Pedro o cazou e como finalmente Mariola convence a Pedro para que o perdoe e o deixe retornar ao seu ámbito natural, o bosque.

Dirección e adaptación do texto: Inacio
Actores: Inacio, Luís Iglesias “Luchi” e Larraitz Urruzola
Construción títeres e escenografía: Inacio e Luís Iglesias "Luchi"
Deseño das marionetas e do cartel: Iván Suárez
Música: Prokofiev Arranxos musicais: Benxa Otero
Iluminación: Xacobe Castro
Vídeo: Tingalaranga
Produción: Fantoches Baj


contacto:
 infofantochesbaj@fantochesbaj.com