viernes, 13 de febrero de 2015

O CREDITO

SINOPSE:

No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe... Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso como unha ovella.

Quizais hoxe mirarás ao director da oficina aos ollos, poñeraslle as cartas sobre a mesa e diraslle que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprender medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada violento, vállame Deus, iso non, pero hoxe, se o señor director non che solta a pita, iniciarás unha acción definitiva que converterá a súa vida nunha catástrofe.

O crédito leva doce meses continuados en cartel en Barcelona e Madrid, recibindo unhas fantásticas críticas e un cheo total nas súas funcións. A COPRODUCIÓN Co obxectivo de levar os espectáculos máis recoñecidos e demandados polo público a todas as linguas do estado, e a todos os sistemas teatrais periféricos, Eme2 e Tanttaka levan traballando anos. A súa primeira proposta, para público infantil, foi Kafka e a boneca viaxeira, espectáculo co que se realizaron versións en galego, catalán, éuscaro e castelán. O crédito parte da mesma idea, poder consumir cultura de actualidade nas nosas linguas, cos nosos referentes actorais e coa adaptación á nosa realidade.


AXENDA 2015




Comunicación:
Sonia Díaz
comunicacion@emedous.com
+34 679 96 56 92

ocredito.gal
facebook.com/emedous #ocrédito
twitter.com/emedous #ocredito

Distribución:
Julio Perugorria
julio@jpproducciones.com
609 45 75 75

No hay comentarios:

Publicar un comentario